RSS

Historia da AA.VV.-Fundador Ramón Patiño del Valle

25 Nov

ANACOS HISTÓRICOS DA AA.VV. DE VILAXOÁN 

RAMÓN PATIÑO DEL VALLE

  

   Na historia desta Asociación non podía faltar na revista AVANTE un dos seus fundadores e primeiro presidente. Isto acontecía xa fai 35 anos, non entanto, teño que dicir que arroupando a Moncho houbo unha morea de persoas que estiveron nesa loita para acadar a legalización da Asociación. En vindeiras revistas  falaremos desa primeira composición directiva e a súa andaina desde aquel día de maio  de 1976. ramon-patino.jpg

    Moncho tivo erros como humano que foi, pero a balanza  inclínase pesadamente sobre os seus acertos. Erros sempre se teñen  cando calquera persoa acomete un camiño para tratar de loitar polo seu pobo, o que nada fai xamais comete un erro. Detratores tamén os tivo, uns por sistema e outros por infelices, estes últimos crense que atopan a felicidade demonizando ao personaxe de quenda.Pero ao final de todo sempre aparece as luces que tapan as sombras, xa que non é de estrañar que cando toda unha corporación de distintos cores políticos aprobaran unanimemente nun Pleno o nomeamento dunha rúa co seu nome. Non é de estrañar que na inauguración da rúa estiveran todos os seus compañeiros de Corporación de todo o abano político na súa andaina como concelleiro. Non é de estrañar que alí estivera o Sr. Crego cando Moncho sabíase que era agnóstico. Logo a balanza sempre estivo inclinada a seu favor con moitos Quilogramos de peso.       

  xunta-directiva-da-aavven-1995.jpg  Ramón Patiño del Valle naceu en Vilaxoán o 10 de abril de 1932 e finou o 7 de maio de 1999 en Tenerife, soterrado no camposanto de Sobrán o día 9 do mesmo mes.Moncho, como así se lle chamaba cariñosamente, tivo unha infancia non moi doada como miles de españois que sufriron a posguerra civil. Dende moi rapaz traballou de mariñeiro,foi emigrante en Venezuela e en Alemania.

    Era autodidacta, de forte intelixencia natural e un lector empedernido, estudaba calquera libro que lle caia nas mans. Sendo como era  agnóstico coñecía a Biblia do principio moi ben, calquera pregunta que se lle facía sobre calquera tema relacionado coa Biblia, respondía correctamente. Leía  moitos libros de variados temas para recoller unha cultura que non puido facelo no seu momento da xuventude. Cando volveu de Venezuela traballou na súa terra de electricista, traballo que aprendeu pola súa propia conta como bo autodidacta.  Ramón, cría  na xustiza social, nos dereitos humanos e na igualdade. vde-galicia-23-vii-00-homenaxe-a-rpatinoinaguracion-dun1.jpg

    Foi un gran loitador por acada-la Democracia neste país,en especial naquela “longa noite de pedra” padecendo as consecuencias daquelas datas dos anos setenta que non eran moi doadas para quen pedira un pouco de liberdade.Ao pouco de remata-la ditadura franquista, Moncho xa tiña na súa cabeza o de organizar ao pobo, así foi, cando o 26 de maio de 1976 funda con outros compañeiros a Asociación de Veciños de Vilaxoán, sendo unha das primeiras que comezaron a actuar legalmente ( con moitos atrancos ) en España.

    Co seu sacrificio persoal sempre deu a cara loitando para que Vilaxoán tivera o que por xustiza e necesidade tiña que ter. Todo o que fixo sempre foi unha laboura altruísta e sen recibir nada a cambio. Naqueles comezos da Asociación, tratou de xuntar unha morea de persoas para inicia-los primeiros alicerces e construír unha Asociación sólida e con respaldo suficiente, xa que os tempos onde transcorrían os feitos non eran moi doados.teo-lendo-o-manifesto.jpg

     Ramón lle dou un pulo valente á Asociación, acadando cousas moi importantes para Vilaxoán no transcorrer dos anos, enumeralas todas faría falla un feixe de páxinas. Unha das moitas xestións que fixo foi a de escribir ao Ministerio de Cultura (naquel entón Pío Cabanillas) para que se lle concedera unha Casa de Cultura para Vilaxoán, o Ministro escribiulle a Ramón aprobando a súa petición. Pertenceu e foi fundador con outros da Asamblea Democrática de Arousa, colaborou na fundación da Federación de Asociacións de Veciños de España, era membro do Comité Central do P.C.G.Nas primeiras eleccións municipais democráticas de 1979 foi concelleiro polo P.C.G. sendo Concelleiro de Goberno de Vilagarcia, neste eido fixo unha labor moi importante cara o seu pobo, as veces por riba dos seus ideais políticos, incluso enfrontándose  aos seus compañeiros de partido cando as cousas e feitos non ían ben para Vilaxoán.

    Moncho foi sempre un loitador, un fillo vivo e irredutible de Vilaxoán, un loitador pola democracia e liberdade.Por iniciativa da Asociación da-placa-e-monolito-co-poema.jpge Veciños de Vilaxoán, o Concello dedicoulle unha rúa que leva o seu nome que foi aprobado no pleno por  unanimidade de tódolos grupos políticos do Concello o 31 de marzo do 2000.A mañá do día 22 de xullo do 2000, fíxoselle unha homenaxe na rúa que leva o seu nome, descubriuse unha placa. Xunto dela unha pedra cun poema gravado do escritor e poeta Gonzalo Bouza-Brey,  dedicado á memoria do que fora o seu compañeiro de partido e corporación.

    Neste acto estiveron os fillos de Moncho, Alcalde e toda a Corporación, representantes de tódolos grupos políticos de Vilagarcia, Bisbarra e Galicia.Na placa reza a lenda seguinte: PASEO,  RAMÓN  PATIÑO DEL VALLE.O POBO DE VILAXOÁN AO SEU CONCELLAL E FUNDADOR DA NOSA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS, XULLO 2000”. O poema gravado na pedra e escrito por G.Bouza-Brey, comeza deste xeito: “NOSA NAO XA NON TEN RUMO,/ DEIXÓUNOS  O SEU CAPITÁN,/ AFONDÓUNOS NO ESCURO  VACÍO; NAS SOIDÁS……./  MAR E VENTO Fdsci0325.JPGICAN MUDOS /   NAS PRAIAS DE VILAXOÁN……………….”

   Desde aquel día de xullo de 2000, faí unha década, non tiveron a oportunidade de vir a Vilaxoán a súa filla Inma e os seus netos pola súa estadía en Canarias. Este ano tivemos a oportunidade de falar con ela e co seu home Paco, levando de lembranza unha foto no mesmo lugar onde está a placa  que da nome á Rúa Paseo.

 

          

                                                                                                                                                         

                         

   

Advertisements
 
 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: